Derechos del hombre
Lola Rubio, Jorge Dutor
- 76 minutos
Juan Rodrigáñez (El complejo de dinero) é un auténtico francotirador do cine español, quen de perpetrar obras á marxe de todo e de todos. Nesa marxe é precisamente onde habitan os personaxes de Derechos del hombre, unha errática e excéntrica compañía de circo que ergueu a súa carpa na contorna dun pequeno lugar da meseta castelá para terminar de dar os últimos retoques ao seu novo e grandioso espectáculo: Derechos del hombre; un show a medio camiño entre o revolucionario, o utópico e o necesario, mais que ás veces non pode fuxir do máis mundano. (Jorge Rivero, Catálogo FICX 2018)
- Ano:2018
- Países de produción: España
- Guión: Juan Rodrigáñez, Eduard Mont de Palol
- Fotografía: Roman Lechapelier
- Montaxe: Manuel Muñoz
- Produtora(s): Tajo Abajo