Danzas macabras, esqueletos e outras fantasías
Danses macabres, squelettes et autres fantaisies
- 110 minutos
A danza macabra é un antigo xénero artístico, representación alegórica da morte como danzante esqueleto que nos lembra que os goces mundanos teñen a súa fin. Escoitar falar a Jean-Louis Schefer (escritor, filósofo, crítico e teórico de cine) das danzas macabras é, sen dúbida, un goce mundano, aquí envolveito en paisaxes portuguesas, museos e abadías. E filmado por Rita Azevedo, que compón cada plano coma se fose un cadro, e editado por Pierre Léon, que pon en paralelo ás súas palabras un lúdico percorrido pola historia do cine, das Silly Simphonies a Renoir, Mizoguchi e Buñuel.
- Ano:2019
- Países de produción: Francia, Portugal, Suecia
- Guión: Pierre Léon
- Fotografía: Acácio de Almeida
- Montaxe: Pierre Léon
- Produtora(s): Barberousse Films, Basilisco Filmes, Garidi Films