Ari y Yonay pasan el rato
Yonay Boix, Ariadna Onofri
- 64 minutos
Os intres en que non facemos nada, en que enganamos o momento, poden ser os máis produtivos. E así o entenden Ariadna Onofri e Yonay Boix –este último presente no D’A 2014 con Las aventuras de Lily ojos de gato–ao situárense aquí atrás e diante da cámara nun gozoso exercicio de impudor cinematográfico. Deambulando no medio da natureza, remexendo no ámbito doméstico o entregándose a un pracer creativo que non quere responder ante nada nin ante ninguén, as imaxes que ambos a dous conseguen materializar son dunha estraña pureza, transpiran unha sinceridade pouco común que se vai convertendo devagar noutra cousa, nunha performance que fala da nosa cotidianeidade e á vez tenta ir máis aló, atinxir os misterios que se agochan tras ela. Entre Jonas Mekas e Stan Brackhage, mais á vez dotada dunha poderosa personalidade, esta é unha das películas españolas máis ousadas e radicais do ano. (Catálogo D’A Festival 2019)
- Ano:2019
- Países de produción: España
- Guión: Yonay Boix, Ariadna Onofri