A fazaña da liberdade
Seném Outeiro, 2013.
90'. Vídeo. Presentación a cargo de Roi Carballido e Seném Outeiro. Entrada de balde.
A FAZAÑA DA LIBERDADE
(España, 2013)
Dirección e guión: Seném Outeiro. Produción: HRoi Carballido para Filmika Galaika. Fotografía: Berto Palacios. Duración: 90 minutos.
Documental biográfico que reconstrúe o periplo vital dun personaxe influínte, Alexandre Bóveda (1903-1936). Facendista, economista, deseñador das Caixas de Aforros de Ourense e Pontevedra, impulsor do Estatuto de Galicia, integrante do Seminario de Estudos Galegos, cofundador e Secretario Xeral do Partido Galeguista. Contexto e testemuñas históricas (Beiras, Vence, Pousa Antelo, Díaz Pardo, Justo Beramendi, a familia Bóveda, etc) certifican un percorrido biográfico froito dun importante traballo de investigación.