Falstaff (Chimes at Midnight) / Campanadas a medianoche
Orson Welles, 1965
113'. DCP. Subt. Castelán
Falstaff (Chimes at Midnight) / Campanadas a medianoche
(España, Suíza, Francia, 1965)
Dirección e guión: Orson Welles. Fotografía: Edmond Richard. Intérpretes: Orson Welles, Jeanne Moreau, Margaret Rutherford, Fernando Rey. Dur: 113'.
“Desde que Buñuel enxalzou a súa forma de interpretar un morto en Sonatas (1959) e lle ofreceu o papel de Don Jaime en Viridiana (1961), Fernando Rey converteuse nun dos contados actores españois con pasaporte para o mercado internacional. Non resulta sorprendente, por tanto, que Orson Welles lle ofrecese participar en Campanadas a medianoche (1965) onda outros intérpretes locais con experiencia máis aló das nosas fronteiras. (...)
Campanadas a medianoche foi, que dúbida cabe, un salto importante na carreira de Rey, aínda que nesta ocasión se limitase a interpretar un conde, o conspirador Worcester, que apoia a rebelión de Henry Percy contra Henry IV. Malia o seu dominio do inglés, foi dobrado por Michael Albridge, e ten un par de escenas destacadas. A primeira transcorre no castelo ambientado na colexiata de Cardona cando se forxa a conspiración contra o monarca e a segunda no campo de batalla, rodada en Colmenar Viejo, cando é condenado a morte tras a derrota dos rebeldes. Son, en conxunto, unha pinga de auga nese inmenso océano wellesiano que é Campanadas a medianoche, un festival shakespereano que ganduxa as dúas partes de Henry IV con escenas de Richard III e Henry V para situar o personaxe de Falstaff no epicentro dun relato sobre a amizade traizoada polo poder no contexto dun conflito entre pais (biolóxicos e adoptivos) e fillos, característico do director de Ciudadano Kane”.
Rimbau, Esteve, “A última viaxe de Orson Welles”, en Fernando Rey: cabaleiro do cinema (1917-2017), Castro de Paz, José Luis e Ventureira, Rubén (ed.), Concello da Coruña, 2017.
-
-
-
Orson Welles
Falstaff (Chimes at Midnight) / Campanadas a medianoche
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm. -
Un reino por escenario
Falstaff (Chimes at Midnight) / Campanadas a medianoche
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.