Fahrenheit 451
François Truffaut, 1966
112'. 35mm. Subt. Castelán. Presentación. Entrada de balde
Fahrenheit 451
(Reino Unido, 1966)
Dirección: François Truffaut. Guión: F. Truffaut , Jean-Louis Richard, baseado na novela de Ray Bradbury. Fotografía: Nicolas Roeg. Intérpretes: Oskar Werner, Julie Christie, Cyril Cusack, Anton Diffring. Dur.: 112'.
Nun mundo futuro, o labor dos bombeiros xa non é a de apagaren incendios senón a de queimaren libros. O obxectivo do goberno é impedir que os cidadáns teñan acceso a eles para velar pola súa felicidade, para que non cuestionen as súas accións e rendan nos seus labores. Guy Montag é un bombeiro que, en principio, non pon en dúbida estas leis e está disposto a cumprilas.