![Pedro Brey. A parroquia retratada [c.1910 - 1930]. Pedro Brey. A parroquia retratada [c.1910 - 1930].](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/exposicion_59.jpg?itok=JNj-4VwS)
Pedro Brey. A parroquia retratada [c.1910 - 1930].
-
Do 11 novembro ao 10 xaneiro de 2006
Casa das Artes, Vigo.
Pedro Brey Guerra (Oca, A Estrada, Pontevedra 1889-1967), retratista vocacional e mestre de escola, documentou os seus traballos fotográficos no reducido ámbito da parroquia de Oca e na contorna estradense do Val do Ulla. Con eles reflicte unha veciñanza e un territorio que coñece fondamente con singular mestría e que chegan a esta mostra cedidos pola Familia Brey.