
Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí
-
Do 8 abril ao 26 xuño de 2011
Vigo
Os adeuses. Fotografías de Alberto Martí, organizada polo Consello da Cultura Galega e o Centro Galego de Artes da Imaxe.
Entre o 9 e o 30 de marzo na sede do Instituto Cervantes de Sao Paulo.
Entre o 16 de abril e o 15 de maio do Instituto Cervantes de Brasilia
Esta mostra recrea en imaxes un feito histórico relativamente recente: o éxodo galego cara a América entre os anos 1957 e 1963 desde os portos da Coruña e Vigo e o posterior regreso a Galicia. As fotografías están distribuídas en tres áreas: A ida, A volta e O buque Santa María. A última é unha reportaxe de Alberto Martí sobre o secuestro do buque portugués Santa María que cubría a ruta Caracas-Lisboa-Vigo polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación (DRIL).
A exposición consta de 73 fotografías de tamaño 40x40 cm montadas en marcos de madeira natural en 60x70 cm. Todas elas están positivadas en papel baritado de xelatino-bromuro de prata da marca Ildord e viradas ao selenio para a súa conservación. A maioría das fotos nunca se revelaran.
Alberto Martí Villardefrancos (A Coruña, 1922) leva máis de 70 anos dedicado á fotografía, e traballou durante 50 anos como reporteiro de La Voz de Galicia. Recibiu grande cantidade de premios nacionais e internacionais, en cidades como Madrid, Barcelona e Bos Aires, e parte da súa obra está publicada nun libro monográfico editado polo Concello da Coruña.