Olladas dunha época. Fotografías do Fondo Blanco-Cicerón
-
Do 15 decembro ao 31 xaneiro de 2010
Museo do Pobo Galego
A colección Blanco-Cicerón, depositada no Museo do Pobo Galego, recolle a obra de
fotógrafos galegos e foráneos –profesionais, ambulantes e anónimos– que plasmaron coas
súas cámaras paisaxes, monumentos, pezas artísticas e acontecementos destacados nun
período de tempo que vai desde mediados da década dos 50 do s. XIX ata o ano 1920. En
definitva, permítenos afondar na realidade social da época así como enriquecer o noso
patrimonio artístico.