
O carro e o home. O cine de Antonio Román e Xoaquín Lorenzo
-
Do 25 maio ao 30 xuño de 2005
Pazo da Cultura de Pontevedra
Proxección das dúas versións conservadas da película documental “O carro e o home” (A. Román, 1940), mostrando ademais o contexto cinematográfico e fotográfico dos anos trinta en Galicia. Exhíbese tamén a parte recuperada do documental “Galicia” (Carlos Velo, 1935), fotografías experimentais de Xoaquín Lorenzo, José Suárez, Carlos Velo, Pacheco e outras documentais e históricas coa prensenza do carro e do home na imaxe fotográfica.