![Maximino Reboredo. Fotografías [c.1892-1899]](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/exposicion_galeria_997_0.jpg?itok=z3PuRnwk)
Maximino Reboredo. Fotografías [c.1892-1899]
-
Do 10 xuño ao 31 xullo de 2003
Sala de exposicións de Caixa Galicia, Lugo
Maximino Reboredo Blanco naceu en San Xoán de Silva de Riveiras do Lea (Lugo) o 27 de xuño de 1876. Entre 1891 e 1893 cursou estudos de Teoloxía como alumno externo no Seminario de San Lourenzo da capital lucense. Dedicado á fotografía e á pintura, retratou coa súa cámara o Lugo e a Galicia finiseculares até a súa morte en 1899, cando aínda non cumprira os vinte e cinco anos. As imaxes que conforman esta exposición proceden do arquivo de placas fotográficas conservado en Lugo pola Familia Reboredo. Un século despois son mostradas en público por primeira vez.