
Imaxes do soño en liberdade. O cinema de Eugenio Granell
-
Do 21 xaneiro ao 10 febreiro de 2003
Fundación Eugenio Granell
Mostra da relación co cine do artista galego Eugenio Fernández Granell. Recuperáronse para esta exposición os guións escritos por Granell, por propia iniciativa ou por encargo de distintas televisións, e seis películas —tres experimentais e tres surrealistas— restauradas a soporte dixital polo Centro Galego de Artes da Imaxe.