EVENING LAND
Peter Watkins, 1976
110’. Vídeo. Subtítulos en galego.
(Dinamarca, 1976)
Dirección: Peter Watkins. Guión: Carsten Clante, Paul Martinsen e Peter Watkins. Produción: Steen Herdel, Peter Lorenzen, Jeff McBride, Eve Presiler, Ib Tardini. Fotografía: Joan Churchill, Fritz Schroder. Intérpretes: Jon Bang Carlsen, Claus Bolling, Jorgen Esping, Peter Bay. Dur.: 110 min.
Unha folga dos obreiros encargados de construír submarinos nucleares para o exército francés nun estaleiro de Copenhague desátase en medio dunha importante conferencia militar do Mercado Común Europeo. Un grupo terrorista secuestra un ministro ao tempo que se desvela unha enorme trama de intereses e a escasa paciencia das autoridades cando queren facer uso da forza. Un crítico, nunha actitude típica, dixo: “Cando aprenderá Peter Watkins a deixar de asustar ao público?”