
ESCENAS DE CAZA EN LA BAJA BAVIERA
Peter Fleischmann, 1969.
90´. Subtítulos en galego.
JAGDSZENEN AUS NIEDERBAYERN / ESCENAS DE CAZA EN LA BAJA BAVIERA
(Alemaña, 1969)
Dirección: Peter Fleischmann. Guión: Peter Fleischmann e Martin Sperr, sobre a obra deste. Produción: Rob Houwer Film e ALPHA. Fotografía: Alain Derobe. Intérpretes: Martin Sperr, Angela Winkler, Erika Wackernagel. Duración: 90 minutos.
Un mozo regresa á súa vila natal despois de pasar unha temporada en prisión. Ao chegar alí terá enormes dificultades para integrarse, xa que os motivos do seu delicto non foron esclarecidos e están ambiguamente relacionados con motivos homosexuais, polo que a xente lle escapa.