Entierro de un funcionario en primavera
José María Zabalza, 1958
75'. Vídeo
Entierro de un funcionario en primavera
(España, 1958)
Dirección e guión: José María Zabalza. Fotografía: Pablo Ripoll. Intérpretes: Tony Leblanc, Rosa Palomar, Fernando Delgado,Tony Soler. Dur.: 75'.
O funcionario Lupicinio Murga falece no seu barrio de San Blas en plena primavera. Na casa fanse os preparativos para o velorio, mentres os veciños do piso de arriba se preparan para acudir á igrexa a unha voda. No velorio aparece toda unha pléiade de personaxes tan dispares como a criada toleirana, o home que quere cobrar o último prazo dun aparato de radio, un chorón profesional, un carteirista que cre saber que a súa muller o engana ou os funcionarios que se decatan de que a escala para ascenderen se moveu un chanzo.