El terror de las chicas
Jerry Lewis, 1961.
96'. DCP. Subt. castelán.
THE LADIES MAN / EL TERROR DE LAS CHICAS
(Estados Unidos, 1961)
Dirección: Jerry Lewis. Guión: Jerry Lewis e Bill Richmond. Produción: Paramount-York Pictures Corporation. Fotografía: W. Wallace Kelley. Intérpretes: Jerry Lewis, Kathleen Freeman. Duración: 96 minutos.
Logo de sufrir un inesperado desengano amoroso, Herbert H. Heebert, parte á procura dun emprego. Consegue traballo nun internado de rapazas novas, e a súa misoxinia non ha facer máis que medrar. Un filme dirixido por Jerry Lewis –segue a El botones - que contou coa colaboración no guión de Mel Brooks, escritor en shows televisivos de Lewis, e representa non só un avance no personaxe deseñado por Lewis, senón un crecemento considerable do talento empregado: recursos de distanciamento e teatralización, elementos oníricos, atinados gags visuais, complexidade nos trazos de situacións e personaxes.