El río
Jean Renoir, 1951.
99'. DCP. Subt. castelán.
LE FLEUVE / EL RÍO
(Francia, 1951)
Dirección: Jean Renoir. Guión: Rumer Godden e Jean Renoir, sobre a novela de Godden. Produción: Oriental International Films. Fotografía: Claude Renoir. Intérpretes: Patricia Walters, Adrienne Corri. Duración: 99 minutos.
Unha das obras mestras do francés Jean Renoir (La gran illusión, La regla del juego ou Esta tierra es mía). O relato dunha moza inglesa que vive na India da posguerra serve ao cineasta para, de xeito humanista e sereno, ofrecernos un filme poético e contemplativo que desvela a esencia da nosa experiencia: o amor, a sensación de perda ou as idades da vida. Premiada nos BAFTA e no certame de Venecia.