EL HALCÓN MALTÉS
John Huston, 1941
100’. Subtítulos en castelán
THE MALTES FALCON / EL HALCÓN MALTÉS (Estados Unidos, 1941) Dirección: John Huston. Argumento: Dashiell Hammett. Guión: John Huston, Robert Foulk. Produción: Hal B. Wallis / Warner Bros. Fotografía: Arthur Edeson. Intérpretes: Humphrey Bogart, Mary Astor, Gladys George, Peter Lorre, Sidney Greenstreet. Dur.: 100 min. Unha misteriosa muller contrata o detective Sam Spade (H. Bogart) para que protexa a súa irmá. A medida que Spade se involucra na madeixa de acontecementos estes complícanse e encamíñano cara ao segredo dunha valiosa estatuíña con forma de falcón cuberta por unha resina negra.
A galeria de personaxes secundarios que, como logo será habitual en todo o cine negro, acompañan ó protagonista -e entre os que aparece unha primeira formulación do arquetipo da «muller fatal» no personaxe de Brigid O'Shaughnessy- contribúe a dotar de espesor e de complexidade a unha película que -fronte ás súas predecesoras do ciclo inicial do gangsterismo-traslada a ambigüedade da narración á propia textura das súas imaxes, das súas estrucuras narrativas e formais, ensaiando timidamente novos camiños expresivos. Así The Maltese Falcon inicia a traxectoria dun xénero que acabaría converténdose en metáfora da sociedade do seu tempo seguindo algunhas das vías trazadas por este primeiro título (...). (Antonio Santamaría, en Nosferatu, n° 20, «Secundarios y antagonistas del Hollywood clásico»)
-
-
Secundarios e antagonistas de Hollywood
EL HALCÓN MALTÉS
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Peter Lorre e Sydney Greenstreet en...
-
Secundarios e antagonistas de Hollywood
EL HALCÓN MALTÉS
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm.Peter Lorre e Sydney Greenstreet en...