EL ESPINAZO DEL DIABLO
Guillermo del Toro, 2001.
106’.
EL ESPINAZO DEL DIABLO
(España-México, 2001)
Dirección: Guillermo del Toro. Guión: Guillermo del Toro, Antonio Trashorras, David Muñoz. Produtor: Agustín Almodóvar, Bertha Navarro. Produción: El Deseo, Tequila Gang (México) e Anhelo Producciones. Fotografía: Guillermo Navarro. Intérpretes: Federico Luppi, Eduardo Noriega, Marisa Paredes, Fernando Tielve, Irene Visedo. Duración: 106 minutos.
En medio da guerra civil española, un rapaz, Carlos, vese abandonado polo seu titor no fogar para orfos de Santa Lucía. Alí vive un grupo de rapaces xunto a dous republicanos e un garda inquietante. Un terrible segredo gárdase no lugar. Unha historia de pantasmas e morte onde xunto á destrución bélica repousan os pousos chameantes de violencia, relacións de poder e dependencia orixinados en sucesos anteriores. O director de “Cronos” producido polos Almodóvar conta cun bo reparto nesta axeitada combinación de terror psicolóxico, drama bélico e aventura.