EL CASTILLO AMBULANTE
Hayao Miyazaki, 2004.
119´. Entrada gratuíta. A partir de 9 anos.
HAURU NO UGOKU SHIRO / EL CASTILLO AMBULANTE
(Xapón, 2004)
Dirección: Hayao Miyazaki. Guión: Hayao Miyazaki, Cindy Davis Hewitt e Donald H. Hewitt, sobre a novela homónima de Diana Wynne Jones. Fotografía: Takaya Hitoshi. Produción: Studio Ghibli, Tokuma Shoten, Nippon Television Network. Duración: 119 minutos.
Unha moza que traballa nunha sombreiraría, Sophie, cae baixo a maldición da Bruxa Calamidade, que lle dá aspecto de ancián. Pero Sophie chega a un castelo onde parece que se pode arranxar o conxuro. Fábula romántica provista de enorme fantasía e brillantez visual, dirixida polo autor de “El viaje de Chihiro” (2001) que foi estreada no Festival de Venecia e premiada en certames como Sitges. A partir de 9 anos.