
EL AMOR ES MÁS FRÍO QUE LA MUERTE
Rainer Werner Fassbinder, 1969.
88´. Subtítulos en castelán.
Presentación do libro “Paisajes y figuras: perplejos. El Nuevo Cine Alemán (1962-1982)” coa presenza dos seus cordinadores, Carlos Losilla e José Enrique Monterde, e dous dos editores, José Luis Cienfuegos e José Antonio Hurtado.
Entrada gratuíta.
LIEBE IST KÄLTER ALS DER TOD / EL AMOR ES MÁS FRÍO QUE LA MUERTE
(Alemaña, 1969)
Dirección: Rainer Werner Fassbinder. Guión: Rainer Werner Fassbinder e Ulli Lommel. Produción: Antiteater-X Films para Filmverlag der Autoren. Fotografía: Dietrich Lohmann. Intérpretes: Ulli Lommel, Hanna Schygulla, Rainer Werner Fassbinder, Peter Berling. Duración: 88 minutos.
A primeira longametraxe do prolífico Fassbinder ten influencias de Godard e Fuller. Despois de saír do cárcere, un xove ladrón intenta manter a súa independencia, pero a mafia precisa que se una a eles e envíalle a un dos seus homes para convencelo. Entre ambos xorde unha verdadeira amizade.