EAST OF PARADISE
Lech Kowalski, 2005
110´. Vídeo. Subtítulos en galego.
EAST OF PARADISE
(Francia, 2005)
Dirección e guión: Lech Kowalski. Produción: Extinkt Films. Fotografía: Mark Brady e Lech Kowalski. Duración: 105 minutos.
Unha muller de oitenta anos, Maria Werla, de orixe polaca, conta diante da cámara a súa experiencia no Gulag soviético. A súa supervivencia en Siberia é reproducida pola memoria oral, que flúe de forma prodixiosa, coma se o desexo de testemuñar a levase a construír un relato, unha narración que resucita personaxes e revive momentos de angustia insoportable que destruíron a súa xuventude. Kowalski, autor de “The Boot factory” ou “On Hitler´s highway”, concilia o relato privado e o histórico.