
Documentos / Itinerarios: Programa curtametraxes (1958-2007)
VV. AA.
78‘. Cine / Vídeo. Presentación do ciclo a cargo de Antoni Pinent. Entrada gratuíta.
DOCUMENTOS / ITINERARIOS.
Fuego en Castilla (José Val del Omar, 1958-59). Duración: 17 minutos.
De purificatione automobilis (Gabriel Blanco, 1974). Duracion: 16 minutos.
Miserere (Antoni Miralda e Benet Rossell, 1979). Duración: 12 minutos.
Souvenir (Silvia Gracia e José Luis Guerin, 1985). Duración: 5 minutos.
Lo que tú dices que soy (Virginia García del Pino, 2007). Duración: 28 minutos.
Duración total: 78 minutos.
A sesión inaugural do ciclo abrese cunha obra de José Val del Omar, cineasta visionario e inventor, unha das figuras máis relevantes da cinematografía española. Fuego en Castilla forma parte do seu inacabado “Tríptico elemental de España”. Compoñen a sesión o arquitecto Gabriel Blanco, máis coñecido como animador, representado cun documental que amosa os quehaceres do cidadán español nunha xornada calquera de domingo na periferia urbana; os artistas multidisciplinares Benet Rossell e Antoni Miralda, que propoñen un itinerario pola iconografía bélica; e José Luis Guerin, quen tras debutar coa longametraxe Los motivos de Berta (1983) realizou esta pieza corta con certas reminiscencias do hoxe chamado cine-ensaio. Pecha a sesión un documental de Virginia García del Pino sobre a identidade laboral de quen exerce profesións relacionadas coa morte, a suciedade ou o sexo.