Massó no recordo

CEIP A Rúa (Cangas)
6º | Cinema en curso 2013-2014

A fábrica de conservas e factoría baleeira Massó de Cangas abriu en 1941. Chegaron a traballar nela 500 persoas provenientes de toda a rexión: na pesca do atún, baleas e cachalotes, nos procesos de conserva e envasados. O pobo cheiraba a graxa de balea, no peirao de descarga chegaban grandes cachalotes, as mulleres cantaban mentres realizaban as árduas tarefas. En 1985 pechou e desde entón o espazo quedou abandonado. Case 30 anos máis tarde os nenos de 11-12 anos do pobo recuperan a memoria do lugar, a épica alegre e triste dos oficios e as vivencias a través do diálogo con avós e outros antigos traballadores. Un denso e emotivo retrato dos espazos cargados de historia e historias.

Co acompañamento de Ángel Santos (cineasta), Ana Fernández Castro, May Iglesias Prieto, Rosana Rúa Pena, Montse Sotelo Fandiño (mestras).
Proxecto realizado por Yanira Álvarez Pastoriza, Tania Álvarez Pérez, Darío Cordeiro Piñeiro, Maia Costas Meira, Candela Eirea Orro, Inés Entenza Sequeiros, Santiago Fernández Barreiro, Rubén Fernández Graña, Alvaro Freire Villar, Antón Iglesias Vidal, Nicolás Jalda Fonseca.
venres, 20 xuño, 2014