Ao encontro. Diario de impresións e estacións

CEIP de Tenorio (Cotobade)
5º, 6º | Cinema en curso 2020-2021

Cunha cámara Bólex de 16 mm e unha gravadora de son os alumnos de 6º de primaria do CEIP de Tenorio saen ao encontro da natureza e do cinema, inspirados por moitos cineastas: Jonas Mekas, Chantal Akerman, Franco Piavoli, James Benning.
A modo de diario filman o bosque a finais do inverno, as ovellas e flores no prado en primavera e o mosteiro de San Pedro de Tenorio co seu último habitante, Don Jesús. Camiñando e filmando por Tenorio ata o solpor no monte Coirego. Xente, flores, cores... vida!

Co acompañamento de os mestres José Alberto Portela, Purificación Ruibal, Teresa Solla e do cineasta Ángel Santos.
Proxecto realizado por Alicia Alonso, Lucía Barreiro, Lara Bouzas, Uxía Crespo, Pablo Diz, Naia Fernández, Sabela Fontenla, Manuel Garrido, Adrián González, Víctor Martínez, Christian Martínez, Yéssica Naya, Nerea Orovero, Lucía Oubiña, Noa Outón, Carlos Pintos.
venres, 18 xuño, 2021