DÍAS DE AGOSTO
Marc Recha, 2006.
96´. Subtítulos en castelán.
DIES D´AGOST / DÍAS DE AGOSTO
(España, 2006)
Dirección e guión: Marc Recha. Fotografía: Hélène Louvart. Produción: TV Catalunya, Irusoin, coa participación de TVE. Intérpretes: Marc e David Recha, Mar Ordóñez. Duración: 96 minutos.
Marc Recha intenta facer un traballo sobre a guerra civil española. Saturado despois de meses de documentación, toma un respiro. Chama ao seu irmán David e deciden pasar xuntos uns días de vacacións. Autobiografía, película doméstica e familiar, ensaio dun proxecto fallido, achado de verdades ocultas, a plasmación da procura de novos camiños na obra de Recha.