Dez centímetros máis perto do ceo
Raquel Rei, 2012
25'. Vídeo. Presentación. Entrada de balde.
DEZ CENTIMETROS MÁIS PERTO DO CEO
(España, 2012)
Dirección, guión, produción e fotografía: Raquel Rei. Duración: 25 minutos.
Diferentes ideas perante un mesmo obxecto: os zapatos de tacón alto. Moito máis ca un simple calzado. Para unhas, un instrumento de tortura, para outras a mellor forma de sedución feminina. Neste documental, os tacóns convértense na metáfora que nos convida a reflexionar sobre a natureza do mundo polo que camiñamos.