De jueves a domingo
Dominga Sotomayor, 2012.
96'. DCP.
DE JUEVES A DOMINGO
(Chile-Holanda, 2012)
Dirección e guión: Dominga Sotomayor. Produción: Forastero, Cinestación e Circe Films. Fotografía: Bárbara Álvarez. Intérpretes: Francisco Pérez-Bannen, Paola Giannini. Duración: 96 minutos.
Ópera prima da directora chilena Dominga Sotomayor (Santiago de Chile, 1985), premiada en Rotterdam, BAFICI e Valdivia. Unha nena realiza unha última viaxe familiar. Dende a súa vision distante e fragmentada, asistimos á saída de vacacións un xoves de Lucía e Manuel cos seus pais cara ao Norte de Chile. Todo remata un domingo. O percorrido, a soidade da paisaxe e o propio encerro do coche van desvelando a crise da parella protagonista.