THAT DAY, ON THE BEACH
Edward Yang, 1983
165´. Subtítulos en galego.
HAITAN DE SITIAN / THAT DAY, ON THE BEACH
(Taiwan-Hong Kong, 1983)
Dirección: Edward Yang. Guión: Edward Yang e Wu Nianzhen. Produción: Central Motion Picture Corporation, Cinema City Corp. Fotografía: Christopher Doyle, Zhang Huigong. Intérpretes: Sylvia Chang, Ferry Hu. Duración: 165 minutos.
Ching-ching, pianista de éxito, reencóntrase despois de moitos anos con Jia-ji, a irmá do seu primeiro amor, Jia-sen, un estudante de Medicina que a abandonou para compracer á súa familia e medrar profesionalmente. A vida de Jia-ji tampouco foi plácida: un día, de improviso, o seu home desapareceu misteriosamente nunha praia. A través de sucesivos flash-backs iremos coñecendo a evolución da relación desta parella.