X SEMINARIO/TALLER DE ARQUIVOS FÍLMICOS.Recuperar, identificar, catalogar, restaurar e difundir o cine producido antes de 1920

X SEMINARIO/TALLER DE ARQUIVOS FÍLMICOS.Recuperar, identificar, catalogar, restaurar e difundir o cine producido antes de 1920

  • Do 15 novembro ao 17 novembro de 2006

    Centro Galego de Artes da Imaxe

Os Seminarios-Talleres de Arquivos Fílmicos veñen sendo organizados por Filmoteca Española desde 1990 coa finalidade de perfeccionar e coordinar a actuación dos técnicos dos aquivos de imaxes en movemento existentes en España. Esta é a primeira ocasión en que se celebran fóra de Madrid, contando coa participación activa de representantes de distintos arquivos internacionais (Cinemateca Portuguesa, Cinemateca Brasileira, Filmoteca da UNAM-México, Cineteca Nacional de Chile), así como de prestixiosos especialistas europeos en restauración fílmica. Este décimo Seminario-Taller centrarase na recuperación, identificación, catalogación, restauración e difusión do cine producido antes de 1920.

O seminario está dirixido preferentemente a arquivistas de cine e televisión, pero nesta ocasión ofertaranse tamén vinte prazas gratuítas para estudantes de áreas afíns tales como Biblioteconomía e Documentación, Comunicación Audiovisual ou Historia da Arte. Estas solicitudes de asistencia deben de dirixirse ao correo electrónico difusion@cgai.org, indicando nome e apelidos do solicitante, así como enderezo e teléfonos de contacto.
Coordinador:
Alfonso del Amo
Organiza:
Centro Galego de Artes da Imaxe
Filmoteca Española
Colabora:
CRTVG