Master Class José Luis Guerin  24 de xuño de 2011

Master Class José Luis Guerin 24 de xuño de 2011

  • Do 24 xuño ao 24 xuño de 2011

En setembro de 2007 José Luis Guerin presenta En la ciudad de Sylvia no Festival de Venecia. A partires dese momento embárcase nunha xira por todo o mundo presentando a película en festivais e filmotecas. “Desafieime a min mesmo aceptando sen exclusión todas aquelas citas de certames e festivais que me requiriran como convidado”, afirma o propio Guerin, explicando a razón pola que no curso dun ano viaxou a 48 cidades, entre as que se contaron, por exemplo, A Coruña e Santiago de Compostela. Froito desa viaxe é a película Guest, estreada de novo en Venecia en 2010: “Chego a unha cidade descoñecida e vagabundeo cámara en man, sen outro rumbo nin idea preconcibida, máis que a dunha predisposición aberta ao encontro, á revelación latente no fortuíto”.
A Master Class de José Luis Guerin aborda precisamente a rodaxe de Guest, así como a súa laboriosa posprodución, procesos durante os que a película foi atopando a súa forma e o seu sentido. É a oportunidade, ademais, para recuperar Unas fotos en la ciudad de Sylvia, a película paralela a En la ciudad de Sylvia que, en certo sentido, anticipa os modos de produción de Guest. E representa, sobre todo, a oportunidade de darlle visibilidade a esta última película, maltratada e confinada a unhas condicións de semiclandestinidade na súa distribución e exhibición.

Organiza:
Xunta de Galicia
Secretaría Xeral de Medios
Centro Galego de Artes da Imaxe

Lugar de celebración:
Centro Galego de Artes da Imaxe
Rúa Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Coruña

Horario:
18.00 - 20.00 h

A asistencia é libre e gratuíta previa inscrición, prazas limitadas.

Información e inscricións:
info@cgai.org
www.cgai.org
Tel.: 881 881 260
Fax: 881 881 271