Master Class de Javier Rebollo 16 de xullo de 2010
-
Do 16 xullo ao 16 xullo de 2010
Javier Rebollo (Madrid, 1969) vén a presentar a súa segunda película, a produción española La mujer sin piano (2009), unha circunstancia que lle permitirá ofrecer unha Master Class acerca do seu proceso de traballo o venres 16 de xullo ás 18.00 horas nas dependencias do CGAI. A entrada é gratuíta previa inscrición.
Facer unha película é revelar un misterio, no sentido que a tes que facer para saber cal é a película que queres facer ou, mellor, a que che vai saír. Hai que rodala. Facer unha película depende dunha chea de factores que, menos mal, non dependen só de quen a fai (desde o humor dos actores ao tempo atmosférico). A min gústame a tensión da elaboración e a improvisación, o precioso azar controlado. Creo que hai que saber facerse ditoso da película que queremos facer, como dunha muller, de tal maneira que cando nos sorprenda esteamos dispostos para sorprendela a ela. Creo na actitude e no xesto máis que nos cartos. Creo no instinto, pero tamén na razón: unha película que se fai só coa razón é aburridísima de facer (e de ver a maioría das veces) e unha película que se fai só coa improvisación adoita ser un desastre. La mujer sin piano é unha película somnámbula, produto da falta de sono e do exceso de alcohol, un espello deforme que nos devolve á maneira do cinema verité o mundo absurdo no que nos tocou beber.
Organiza:
Xunta de Galicia
Secretaría Xeral de Medios
Centro Galego de Artes da Imaxe
Lugar de celebración:
Centro Galego de Artes da Imaxe
Rúa Durán Loriga, 10 baixo
15003 A Coruña
Horario:
18.00 - 20.00 h
Entrada libre previa inscrición
Información e inscricións:
difusion@cgai.org
www.cgai.org
Tel.: 881 881 260
Fax: 881 881 271