CGAI Júnior: QUERES FACER UNHA PELÍCULA?

CGAI Júnior: QUERES FACER UNHA PELÍCULA?

  • Do 6 novembro ao 27 novembro de 2010

    CGAI

Se tes entre 4 e 6 anos e podes vir os catro sábados de novembro (6, 13, 20 e 27) ao CGAI entre as 11.30 h e as 13.00 h faremos entre todos unha curtametraxe.

Que faremos?
-veremos fragmentos de películas
-aprenderemos sobre a linguaxe do cine e do vídeo
-realizaremos un storyboard
-usaremos cámaras de vídeo
-montaremos e sonorizaremos
-compartiremos o que facemos, creando unha película que veremos na sala e levaremos en DVD.