Alén dos límites: a fotografía cotemporánea
-
Do 22 setembro ao 24 setembro de 1999
CGAC. Santiago de Compostela
O obxectivo deste curso foi contrastar e analizar, desde distintas perspectivas -filósofos, críticos, conservadores ou directores de centros de arte- a complexidade crítica e a metamorfose teórica que se xerou na fotografía cos novos escenarios da creación e as novas tecnoloxías. Así mesmo o ciclo de conferencias pretendeu, neste tempo de reformulacións e globalización, configurar un territorio crítico, de reflexión sobre a multidisciplinariedade e as concepcións estéticas da fotografía na cultura da arte contemporánea.
Director: Manuel Vilariño
Coordinación: Monique Lambie