CRUZANDO EL PUENTE: LOS SONIDOS DE ESTAMBUL
Faith Akin, 2005.
90´. Subtítulos en castelán.
CRUZANDO EL PUENTE: LOS SONIDOS DE ESTAMBUL / CROSSING THE BRIDGE: THE SOUNDS OF ISTANBUL
(Alemaña, 2005)
Dirección e guión: Fatih Akin. Produción: Corazón Internacional, Intervista Digital Media e NDR (Alemaña). Fotografía: Hervé Dieu. Duración: 90 minutos.
O compositor e músico Alexander Hacke propuxo capturar, cun estudio móbil de gravación, a diversidade musical de Istambul coa intención de dala a coñecer en Occidente. O cineasta alemán de orixe turca Fatih Akin, logo do demoledor éxito de Contra la pared (2004), acompáñao neste sorprendente periplo e investigación nas raíces dunha robusta escena musical, que vai dos sons electrónicos máis modernos, pasando polo rock e o hip-hop, ata os ritmos árabes máis clásicos.