
Contra el tiempo
José Manuel Serrano Cueto, 2012.
91'. Presentación de Antonio Mayáns. DCP. Entrada de balde.
CONTRA EL TIEMPO
(España, 2012)
Dirección: José Manuel Serrano Cueto. Guión: Montse Gómez e José Manuel Serrano Cueto. Produción: Carlos Taillefer para Utopía Films. Fotografía: Jesús Haro e Jokin Pascual. Duración: 91 minutos.
Documental sobre a historia dos actores en España, toda unha tradición. Un actor mozo, Antonio Mora, desexa coñecer actores con experiencia, non moi sonados. Tenta aprender do intérprete como traballador, non como estrela dos medios. Solicita axuda a un amigo xornalista e este vaino pór en contacto con algúns nomes destacados, sobre todo da época das coproducións de xénero. Aparicións de xentes como Antonio Mayans, Lone Fleming, Claudia Gravi, Mirta Miller, Aldo Sambrell, Frank Braña, Jack Taylor, Mabel Escaño, Ricardo Palacios ou Eduardo Fajardo.