CONTRA EL IMPERIO DE LA DROGA
William Friedkin, 1971.
104´. Subtítulos en castelán.
THE FRENCH CONNECTION / CONTRA EL IMPERIO DE LA DROGA
(Estados Unidos, 1971)
Dirección: William Friedkin. Guión: Ernest Tidyman, sobre a novela de Robin Moore The French Connection: A true account os cops, narcotics and International conspiracy. Produción: Schine-Moore Productions e D´Antoni Productions para Twentieth Century-Fox Film Corporation. Fotografía: Owen Roizman. Intérpretes: Gene Hackman, Roy Scheider, Fernando Rey. Duración: 104 minutos.
A inminente chegada dun cargamento de droga, procedente de Francia, a Nova York, activa a investigación da policía, principalmente de «Popeye» Doyle, home obsesivo, impulsivo, que causara tempo atrás a morte dun compañeiro. A Fox salvuose da quebra, logo de sonoros fracasos, grazas a este memorable thriller gañador de 5 Óscar (película, director, guión, montaxe e a interpretación do gran Gene Hackman). Intentar enumerar as súas virtudes pode non ter fin: o verismo na mostra dos comportamentos, as localizacións e a precisión dos movementos, a coreografía urbana trazada por secuencias inesquecibles (as persecucións na ponte de Brooklyn ou no metro), o prodixio de montaxe, o ritmo ou as estupendas interpretacións dun reparto masculino (adornado por tipos estimulantes como Tony Lo Bianco e Marcel Bozzuffi) deixan ver un conxunto polo que Friedkin filtra unha sociedade alporizada, chea de dualidades morais. Mestre do son, o autor recibiu axuda previa do lendario Howard Hawks.