
Condition
Thomas Heise, 2012
74’. Vídeo. Subt. Galego.
DIE LAGE / CONDITION
(Alemaña, 2012)
Dirección e guión: Thomas Heise. Produción: ma.ja.de Filmproduktion. Fotografía: Peter Badel, Robert Nickolaus. Duración: 74 minutos.
A palabra Lage -condición, posición, situación- vén do alto alemán medio e refírese a unha posición de espera. Algo ocorre e requírese que os poderes actúen, dalgún xeito xéranse acontecementos daniños que afectan á prevención. Este filme refírese a iso mesmo. En setembro de 2011, o Papa Bieito XVI viaxa a Alemaña como parte dun plan para promover a Nova Evanxelización. Visita a cidade de Erfurt e un lugar na rexión de Eichsfeld, en Turinxia. Unhas semanas despois, na Basílica de San Pedro, anuncia a decisión de declarar un “Ano da Fe” a partir do 11 de outubro de 2012.