Cocorico
Oqo Films, 2012
52'. Vídeo. Entrada e balde.
COCORICO
(España, 2012)
Dirección, guión e produción: Oqo Films. Duración: 52 minutos.
Cocorico é un pitiño traste, aínda que inocente e bo. Tamén é curioso e persistente, sempre está disposto a probalo todo e a aprender cousas novas. Non todo vai ser doado nin as cousas sempre suceden como se espera, senón que a vida ás veces te obriga a enfrontar os dilemas. Cocorico tratará de resolvelos do mellor xeito posible, xunto cos seus amigos e coa axuda da Mamá Galiña.
Proxección de catro pezas (Rescate!; Cocorico está enfermo; Merenda; Mentira) da serie Cocorico, baseada no álbum ilustrado do mesmo nome publicado por OQO editora, escrito por Marisa Núñez e ilustrado por Helga Bansch. É unha adaptación libre dun conto tradicional birmano que trata sobre a necesidade de escoitarmos os bos consellos, do importante que é cumprirmos as promesas e da dificultade que supón aprendermos a compartir. A partir dos 3 anos.