
A cicatriz branca
Margarita Ledo, 2012
92’. DCP.
A CICATRIZ BRANCA
(España, 2012)
Dirección e guión: Margarita Ledo. Produción: Nós P.C., Haddock Films e CRTVG. Fotografía: Pablo Cayuela. Intérpretes: Eva Veiga, Xabier Deive. Duración: 92 minutos.
Na primeira metade do século XX, milleiros de mulleres saíron saoas de Galicia cara a América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. Historias ordinarias como a de Merce, destinada a servir e da noite para a mañá despedida. Pasa tres días na Estación Constitución onde a súa vida entrenza coa doutras migrantes. A partir do real documental, un filme galego mosaico e palimpsesto capaz de agrupar materiais de diversa procedencia –mesmo unha novela, Porta blindada, da propia cineasta- e de relacionar de xeito sutil uns elementos ou pezas con outras (imaxes, xestos, ton, espazos, música, luz, sons).