Chicken Run / Chicken Run: Evasión el la granja
Nick Park, Peter Lord, 2000
84'. HD. Versión Castelá. Entrada de balde. (+6 anos)
Chicken Run / Chicken Run: Evasión el la granja
(Reino Unido, 2000)
Dirección: Nick Park, Peter Lord. Guión: Nick Park, Peter Lord, Karey Kirkpatrick, Mark Burton, John O'Farrell. Voces en castelán: Ramón Langa, Olga Cano, Gomaespuma. Dur: 84'.
Yorkshire, 1950. Ginger, Bunty, Bobs e Fowler son catro das galiñas fechadas nunha
granxa de traballos forzados: se non poñen diariamente os ovos estipulados pola
implacable Sra. Tweedy, as súas gorxas corren perigo. Ginger e mais as compañeiras
están decididas a fuxir da granxa e para iso utilizan todos os recursos que teñen ao seu
alcance. A necesidade de fuxir faise inminente cando chega á granxa unha sinistra
máquina para fabricar empanadas de pito. Literalmente caído do ceo, Rocky, un galo
xenuinamente americano, inspíralle a Ginger o perfecto plan de fuga: han escapar voando.
Coa ocasional axuda das ratas Nick e Fetcher, as galiñas demostran ter moitos arrestos e
emprenden unha carreira contrarreloxo para salvaren coxas e peitugas.
Chicken Run é a primeira longametraxe dos multipremiados estudios Aardman, autores tamén das series e logo películas Wallace and Gromit e La oveja Shaun. Igual ca as restantes obras deste estudio, Chicken Run está realizada en stop motion e chea de abundantes referencias cinematográficas regadas co mellor humor inglés.
Recomendada a partir de 6 anos.