
Cancións cinemáticas
Nathaniel Dorsky, 1976-2000
85’.
Nathaniel Dorsky, cineasta xa clásico da vangarda norteamericana, ten dúas grandes motivacións: as posibilidades da luz e o silencio, e a exploración dese campo de enerxía creado entre a pantalla e o espectador. Mestre da montaxe, as catro programas a el dedicados nos sumerxen nun universo exquisito e hipnótico.
TRISTE
(Estados Unidos, 1978-1996)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 19 minutos.
“Triste é unha mostra do tipo de linguaxe cinematográfica coa que traballei durante anos. Ao mudar delicadamente o peso das imaxes, aparece unha profunda sensación de transitoriedade e misterio” (Nathaniel Dorsky).
ALAYA
(Estados Unidos, 1976-1987)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 28 minutos.
Precioso filme minimalista feito de area, vento, luz e de ritmo constante.
ARBOR VITAE
(Estados Unidos, 1999-2000)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 28 minutos.
A motivación de Dorsky neste caso é a de revelar o transparente; esa presenza misteriosa que se expande a través da árbore da vida.