![Ça brûle Ça brûle](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_3266.jpg?itok=zGl0E_c4)
Ça brûle
Claire Simon, 2005
111´. Vídeo HD. Subt. castelán.
ÇA BRÛLE
(Francia, 2005)
Dirección: Claire Simon. Guión: Jérôme Beaujour, Claire Simon e Nadège Trébal. Fotografía: Pascale Granel. Produción: Gémini Films, Maïa Films e Ognon Pictures. Duración: 111 minutos.
Un día Livia sofre unha violenta caída de cabalo. Un bombeiro acode na súa axuda e ela namórase inmediatamente. No sur de Francia o verán é sufocante e voluptuoso e o lume está a piques de desatarse.