Bright Star
Jane Campion, 2009
119’. Subt. Castelán.
BRIGHT STAR
(Reino Unido-Australia-Francia, 2009)
Dirección e guión: Jane Campion. Produción: Pathe, Screen Australia, BBC, UK Film Council. Fotografía: Greig Fraser. Intérpretes: Abbie Cornish, Ben Whishaw, Paul Schneider. Duración: 119 minutos. No Londres de 1818 comeza unha relación sentimental secreta, aparentemente disonante, entre o mozo poeta inglés John Keats e unha estudante, a súa veciña Fanny Brawne. Fanny conmóvese cando sabe que Keats coida do seu irmán menor enfermo. Axiña comeza a ensinarlle cousas relacionadas coa poesía. Contida narración de Jane Campion, a coñecida directora de El piano e Retrato de una dama, chea de sinceridade emocional e pulso narrativo, un filme que ha sorprender a moitas e moitos.