THE BRAVE BULLS
Robert Rossen, 1951
106´. Subtítulos en galego.
THE BRAVE BULLS
(Estados Unidos, 1951)
Dirección: Robert Rossen. Guión: John Bright, segundo a novela de Tom Lea. Produción: Robert Rossen Productions para Columbia. Fotografía: Floyd Crosby e James Wong Howe. Intérpretes: Mel Ferrer, Miroslava Stern, Anthony Quinn. Duración: 106 minutos.
Outro dos relatos de derrota, superación persoal e redención de Rossen, a historia do toureiro Luis Bello e a dramática relación que mantén coa moza Lidia de Calderón e o seu representante, Raúl. Unha das películas máis interesantes e menos coñecidas de Rossen, estreada en 1951, unha semana antes de que a Rossen o citasen por vez primeira a declarar, tras o que sería incluído nas listas negras de Hollywood.