BOUND FOR GLORY
Hal Ashby, 1976
147’. Subtítulos en castelán. Novo Hollywood
(Estados Unidos, 1976)
Dirección: Hal Ashby. Guión: Robert Getchell, Woody Guthrie. Produción: Robert F. Blumofe, Harold Leventhal, Jeffrey M. Sneller / Bound for Glory. Fotografía: Haskell Wexler. Intérpretes: David Carradine, Ronny Cox, Melinda Dillon, Gail Strickland, John Lehne, Ji-Tu Cumbuka, Randy Quaid, Elizabeth Macey, Susan Vaill, Alexandra Mock, Kimberly Mock. Dur.: 147 min.
Woody Guthrie, mito do folk, nos anos da Depresión puxo voz e música aos campesiños desarraigados, á clase traballadora americana, á súa loita e rabia. Os seus comezos, a súa viaxe a California, as súas primeiras cancións, a súa negativa a deixarse domesticar.