
Boca de lixo
Eduardo Coutinho, 1992
50’. Subt. Castelán.
BOCA DE LIXO
(Brasil, 1992)
Dirección: Eduardo Coutinho. Produción: CECIP. Fotografía: Breno Silveira. Duración: 50 minutos.
Enock leva catro años traballando no vertedoiro de Itaóca, en São Gonçalo, a corenta quilómetros de Rio de Janeiro, e toda unha vida percorrendo vertedoiros ao longo do país. Hai pouco cumpriu setenta anos e bebe tranquilamente o café que cultiva na súa propia horta. Algúns no barrio desconfían, saben que hai moitas historias arredor da vida no vertedoiro: criaturas nacendo entre comida descomposta e voitres competindo cos homes por algún resto que vender para vivir ou do que sacar proveito. Lucía pregúntase se é falta de valor o que leva á xente a traballar no lixo, se a cidade é violenta e os oficios escasos, se ao final do día aquí todos teñen pan e ocupación. Outros, en cambio, erguen a voz, saben que a súa opinión é igual de digna ca o seu labor, e que todo malentendido é apenas un problema de incomprensión e de servizos básicos.