Billy Rockabilly. Os amores mozos
Diego Escribano, 2010
16’. Cine. Presentación coa presenza dos seus autores e o produtor Daniel Froiz. Entrada gratuíta.
BILLY ROCKABILLY
(España, 2010)
Dirección e guión: Diego Escribano. Produción: Matriuska. Fotografía: Alberto Díaz, “Bertitxi”. Intérpretes: Adrián Ures, Sara Leco, Jessica Serrano. Duración: 16 minutos.
Billy é un xove e algo tímido rockabilly que traballa de mecánico nun modesto taller. Todos os días, ao rematar a xornada, achégase na súa peculiar motocicleta ao instituto da barriada, para ver a moza que lle gusta: unha loura impresionante. Primeira montaxe doutro traballo pertencente á serie Os amores mozos.