BERLÍN 10/90
Robert Kramer, 1990.
64´. Vídeo. Subtítulos en galego.
BERLIN 10/90
(Francia, 1990)
Dirección, guión e fotografía: Robert Kramer. Produción: La Sept-Arte. Duración: 64 minutos.
O gran Robert Kramer (1939-1999), autor de Milestones (1975) e Route One USA (1989), concentra nun espazo confinado –o dun cuarto de baño berlinés- a pequena e a gran historia. Coa axuda dun televisor que emite as imaxes que filmou días antes, confecciona un plano-secuencia dunha hora que comprime diversos fragmentos e niveis de relatos, organizados pola súa poderosa voz e a súa presenza frontal ante a cámara, sen esquecer aos protagonistas indirectos (Marx, Schiller, Brecht, o compromiso, a autobiografía filmada).