
Bagatelle II/ Marginalia/ New Shores
Jerome Hiler, 1971-2016
75'. 16mm
Bagatelle II
Jerome Hiler | 2016 | 16 minutos | COR | SILENTE | 16mm, 18fps
"O título enganoso do Sr. Hiler "Bagatelle II" recorre a cativadores momentos no tempo (luces danzantes, nubes fuxidías, unha muller bañándose) que constrúen o que parece un autorretrato do artista" Manohla Dargis, NY Times, 6 de outubro de 2016
En 2016, o New York Times referiuse ao meu filme BAGATELLE II como de "título enganoso". O filme semella, en efecto, exceder as expectativas do título, que promete un pequeno, mesmo trivial filme. Podo, ao menos, tratar o tema da súa duración de 16 minutos. Orixinariamente, planeara contar cunha serie de breves momentos delineados por numerosas pausas co título de BAGATELLES. Conforme traballaba, desenvolveuse un fluxo que nun momento dado eliminou todas as pausas. Aínda así, mantiven o nome por afecto e pola súa asociación, para min, co uso na música clásica coma un tipo de pequenas pezas de piano. Como cineasta que se identifica como compositor visual, esta suite de escenas está aptamente nomeada. As escenas van dende a metraxe máis antiga que conservo, filmada en Nova York e no meu distrito orixinario de Xamaica (un cubo ferroviario) nos sesenta, pasando por unha vida con amigos próximos ata o presente. Iso, combinado coa súa brevidade comparativa, resulta para o cineasta nun “canonazo de vida perante os teus ollos”. Para o espectador, a miña esperanza é a dunha experiencia menos extrema: un xogo de aparencias imbuídas no sabor da memoria. (Jerome Hiler)
Marginalia
Jerome Hiler | 2016 | 23 minutos | COR | SILENTE | 16mm, 18fps
MARGINALIA é unha contemplación en sombras de gris e cores periódicas sobre o estado e lugar da sociedade nunha contorna rapidamente cambiante. Podería ser vista coma unha ollada dende as marxes. Ou, coma o título suxire, poderían ser comentarios ex-postulatorios ao pé de páxina das nosas circunstancias compartidas. O seu aire está cheo de cousas que escorregan para deixaren sitio a un nacemento aínda descoñecido. Os personaxes aos que máis nos aproximamos son unha familia con dous fillos. Os presaxios neste filme teñen unha sorte de antídoto no sentido no que as ideas e as habilidades poden transmitirse ás novas xeracións fóra das marxes do principal terreo do entretemento dixital. Mentres os educadores discuten abandonarse á escritura cursada do currículo dos institutos, o meu interese no feito á man intensifícase. Garabatos ábrense paso na pantalla como rabuñadas: as marxes invaden a escena central. Imaxes de poder eléctrico aparecen ocasionalmente tamén coma uns distantes cuarteis xerais de Facebook. Dependerá a escritura no futuro destas cousas? Podería un apagón ser a fin da palabra escrita? En realidade non, mais hai tanto nas nosas vidas que depende da mega-enerxía.
Como acontece cos meus outros filmes ata o momento, MARGINALIA é silente. A descrición de arriba non debera considerarse a lectura correcta do filme. As imaxes simplemente flúen e non están todas cargadas doutro sentido máis que o de conectar coa visión e mente do espectador. Sen cargas de pensamentos para comprender o que o cineasta quixo dicir. A maioría das persoas que están afeitas a ver filmes poéticos están bastante familiarizadas con estes recursos marxinais. (Jerome Hiler)
New Shores
Jerome Hiler | 1971-87 (editada en 2014) | 35 minutos | COR | SILENTE | 16mm, 18fps
NEW SHORES é o filme irmán de IN THE STONE HOUSE en moitos sentidos. Coma este, consiste en metraxe previa montada nos últimos anos. Podería ser visto como unha secuela de IN THE STONE HOUSE especialmente porque comeza por todo o país á Costa Oeste, onde me establecín, e conclúe cunha visita, en 1987, á “casa de pedra” na rural Nova Jersey. Aínda que hai unha sorte de liña temporal que pode imaxinarse, o filme sostense el mesmo. É unha serie simple de episodios que tocan facetas de vivir nunha nova zona con novo tempo, nova xente, novas identidades e antigos e insistentes medos. A cámara Bolex sae a traballar por paisaxes e lugares vivos, de traballo e de xuntanzas. Un baile de imaxes: pode a beleza asociarse co terror e a morte? É un filme sobre as coexistencias que se filtran baixo a superficie dos feitos ordinarios. Un filme de esperanzas inútiles e medos sen base. Como digo, concluímos cunha volta á casa de Nova Jersey. Coñecemos o actual habitante e explicamos quen somos. A nosa visita dá lugar a un breve retorno aos sesenta e ao recordo dun baile de Halloween e, despois, volve ao presente. Esta rolda outonal completa a progresión por estacións de IN THE STONE HOUSE ao tempo que incide na imposibilidade de volver atrás.
O meu título debera resultar familiar aos cinéfilos como paráfrase do filme alemán de Douglas Sirk, ZU NEUEN UFERN, ou TO NEW SHORES. Ese filme tamén trata do desprazamento, praceres perseguidos para escapar da atmosfera de aprisionamento xeral e unha capitulación final. (Jerome Hiler)